CRTVG

Buscar

As protestas contra Vox rematan con disturbios en Cádiz

Publicado o 05/12/2018 17:34

A segunda noite de protestas contra Vox nas cidades andaluzas remataron en Cádiz con graves disturbios nas rúas. Un grupo de radicais queimou colectores do lixo e escachou escaparates. Hai dous detidos. 

A Policía Nacional difundiu estas imaxes dos incidentes máis graves en Cádiz.

Durante a marcha antifascista á que asistiron unhas 2.500 persoas, varios radicais tombaron e queimaron contedores, romperon escaparates e pintaron fachadas de bancos e comercios.

Tamén agrediron e insultaron policías e xornalistas. A Asociación de Prensa de Cádiz e o Colexio de Xornalistas de Andalucía condenaron estas agresións.

As dúas detencións producíronse tras a carga policial contra varios manifestantes que lanzaron pedras ós axentes. Os dous arrestados están acusados de desordes públicas e atentado contra membros da autoridade.

A marcha de Cádiz foi unha das máis numerosas das que se celebraron onte nas cidades andaluzas contra Vox.




 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

05/12/2018