CRTVG

Buscar

As protestas contra Duque continúan en Colombia tras a morte de tres persoas

Publicado o 22/11/2019 20:47

Continúan as protestas en Colombia contra o presidente Iván Duque. Os manifestantes bloquearon este venres o transporte público de Bogotá e volveron enfrontarse aos axentes antidisturbios, que responderon con gases lacrimóxenos. Os incidentes chegan despois dunha xornada de marchas multitudinarias en todo o país que remataron con 3 mortos.
 

Noticias web

22/11/2019