CRTVG

Buscar

As propostas de ocio desta fin de semana

Publicado o 25/05/2019 13:47

Empeza forte a fin de semana e continúa con máis propostas musicais. As que enchen de ritmo o Festival de Cans, que hoxe mesmo trae a Marlango e que xa contra as doce da noite lle dará paso ao portugués Legendary Tigerman. O sábaro será a quenda da banda de Wyomin y los Insolventes, MJ Pérez ou Dakidarría entre outros. Sen perder de vista, por suposto, as actividades, o cine e a festa.

E unha nova edición da festa gastronómica da empanada de millo de Salcedo, en Pontevedra , encherá de sabor e tradición a fin de semana. O sábado será o día grande coa degustación de diferentes especialidadas dunha empanada que ten como característica a codia de millo. Tamén haberá música a cargo das orquestras do momento

A Compostela chega o novo proxecto de Touriñán e Carlos Blanco. Despois do éxito de Somos criminais repiten xuntos con Unha noite na praia, unha conversa entre un galego e un turista sueco que non defraudará un público disposto a rir a gargalladas. A cita, no Auditorio de Galicia ás oito do serán o sábado e ás seis o domingo.

E os que queiran unha proposta diferente para a fin de semana non perdan a oportunidade de ver en Galicia o espectáculo da compañía brasileira Circo no Ato. Un coletivo de 12 artistas que traballa a linguaxe do circo contemporáneo mesturando malabares, equilibrios, acrobacias aéreas e clown. Estarán no Teatro Colón da Coruña o sábado.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

25/05/2019