CRTVG

Buscar

As promesas do xadrez reúnense en Santiago de Compostela

Publicado o 04/11/2018 22:05

Máis de 800 promesas deste deporte compiten nesta cita internacional que rematará o vindeiro día 16.Hoxe comezou na Cidade da Cultura, en Santiago, o Mundial de Xadrez Cadete.

Ás catro da tarde o Museo do Gaiás era un fervedoiro de rapaces de ducias de países revoando arredor de centos de taboleiros de xadrez. Ás catro e media chegou o gran momento: apertura oficial e comezo das 400 partidas simultáneas da primeira xornada. Neste campionato de mundo cadete participan preto de 900 xadrecistas de entre 8 e 12 anos, procedentes de 80 países e dos cinco continentes. Hai 17 anos que o mundial cadete non se celebraba no noso país. A organización deste evento persegue obxectivos máis aló dos resultados competitivos.

Por celebrarse aquí o mundial hai unha alta participación española: 165 rapaces, e deles uns 70 son galegos. Para a maioría é a primeira vez que xogan a nivel internacional.

Desde hoxe ata o día final, ás catro e media, no museo do Gaiás, comezarán as 400 partidas simultaneas, excepto o sábado, que haberá descanso e o último día, que serán ás dúas. Cada día, un cento das partidas poderanse seguir en directo por Internet, na web oficial do campionato, e tamén desde a carpa habilitada no exterior, especialmente pensada para acoller os acompañantes dos menores durante as horas de competición.

 

 

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

04/11/2018