CRTVG

Buscar

Galicia Noticias Mediodía

As probas de ADN confirnman que o cadaver que apareceu en Rianxo é o de Diana Quer

Publicado o 02/01/2018 14:09

Conferencia de prensa da Garda Civil sobre o caso Diana Quer. Case unha hora e media de comparecencia con todo tipo de detalles sobre o operativo. Aí confirmáronnos que as probas do ADN demostran que o cadáver que apareceu en Rianxo é o de Diana. E tamén soubemos que, despois de investigalo durante máis dun ano, hai dous meses os axentes tiveron claro que José Enrique Abuín, 'o Chicle', era o home que buscaban.

Así comezaba esta mañá o relato da investigación levada a cabo en torno a desaparición de Diana Quer o coronel xefe da unidade operativa da Uco. Un caso difícil xa que dende o primeiro momento... comezou cunha denuncia por desaparición dunha moza, como tantas que se presentan. Pero algúen pensou que aí podía haber algo máis

A investigación ponse en marcha. A aparición do teléfono móbil de Diana é a que ratifica a hipótese do secuestro. Comeza a buscarse o coche en que se moveu a moza. Tres coinciden co traxecto que fixo e en novembro de 2016 o chicle xa era o principal sospeitoso.

A partir de aí a garda civil comeza a cercalo. O chicle dase conta, ata o punto de poñerse en contacto cun axente ao que lle preguntou porque o estaban seguindo. Entón dixo que estaba coa sua muller nas festas da pobra. O 30 de novembro é citado a declarar xa coma testemuña. Aquí cambia a súa declaración, di que os dous foran roubar gasóleo. Comete un erro. A muller mantén a súa coartada, o certo é que o teléfono dela esa noite, onde a sitúa é na casa. O cerco estréitase, pero faltan probas para que poida ser detido. Un ano despois xa teñen a certeza.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí