CRTVG

Buscar

As probas de acceso á universidade faranse entre o 22 de xuño e o 10 de xullo

Publicado o 25/03/2020 18:52

As comunidades poderán elixir as datas dentro desa franxa, mentres que a convocatoria extraordinaria deberá realizarse antes do dez de setembro. Así o acordou o Ministerio de Educación cos conselleiros autonómicos nunha conferencia telemática. O modelo de exame axustarase "á excepcionalidade que supón o estado de alarma", para non prexudicar o alumnado. Educación tamén suspende as probas de avaliación diagnóstica externa de tercero e sexto de primaria e cuarto da ESO.


En canto á Formación Profesional o acordo flexibilizará as prácticas no centro de traballo para superar o curso. Medidas, todas, na procura dun obxectivo Con todo, estas propostas e datas están sempre suxeitas á evolución da pandemia.








 

Noticias web

25/03/2020