CRTVG

Buscar

Bos días

As probas da ABAU de setembro arrancan hoxe en dez localidades galegas

Publicado o 12/09/2017 09:36
Comezou o curso universitario pero o prazo aínda está aberto, porque 2.117 alumnos examínanse a partir desta mañá nas probas de setembro da ABAU, a antiga selectividade. Imos coñecer detalles sobre esta nova selectividade de setembro que comeza hoxe.



Os exames distribúense entre hoxe, mañá e o xoves. Tres días de nervios para máis de dous mil estudantes.
Para 1.500 son exames obrigatorios, porque non superaron as probas de Abau de xuño. Outros 617 van para subir nota, porque necesitan mellorar a media para acceder á carreira.
As probas arrancan hoxe en 10 localidades, as sete grandes cidades, Viveiro, Cee e A Rúa.
Os alumnos que acoden teñen xa difícil acceder os graos cos cupos pechados, como por exemplo: comunicación audiovisual ou Medicina.




PROBAS ABAU SETEMBRO

12, 13, 14

Estudantes
1.500 obrigatorio
617 subir nota
2.117

10 localidades

Graos cupo pechado

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Bos días

12/09/2017