CRTVG

Buscar

Bos días

As principais mobilizacións pola igualdade das mulleres en Galicia estarán nas sete principais cidades

Publicado o 08/03/2018 09:12

En Vigo, despois do éxito da convocatoria da fin de semana, as mulleres tomarán outra vez as rúas coa saída dunha manifestación ás oito da tarde desde a Praza de Portugal. Na Coruña as mulleres deixarán escoitar a súa voz desde as sete no Obelisco e en Compostela o punto de partida da marcha é a Praza do 8 de marzo ás oito do serán. A mesma hora haberá manifestacions en Lugo con saída desde o Multiusos da Xunta, en Ourense desde a Subdelegación do Goberno, ou en Ferrol desde a praza de Amada García, ante o edifico da Xunta, todas as oito do serán.

Bos días

08/03/2018