CRTVG

Buscar

As principais cidades da Arxentina volven tinguirse de verde en apoio á legalización do aborto

Publicado o 29/05/2019 08:12

Miles de persoas, na súa maioría mulleres e mozos, concentráronse fronte á sede do Congreso en Bos Aires para acompañar a presentación do proxecto de lei de interrupción voluntaria do embarazo.

É a oitava vez que se presenta este proxecto que legaliza o aborto nas catorce primeiras semanas de xestación. A última vez, o proxecto foi rexeitado no Senado por escasa marxe.

As manifestacións de apoio á legalización do aborto repetíronse nas principais cidades da Arxentina.

Noticias web

29/05/2019