CRTVG

Buscar

As primeiras sancións mudan o comportamento dos condutores de patinetes eléctricos

Publicado o 08/01/2021 21:01

Nas cidades galegas comeza a ser habitual ver os patinetes eléctricos pola calzada entre o resto de vehículos. Desde o 2 de xaneiro a normativa sanciona a súa circulación por beirarrúas e zona peonís.

Tampouco poden circular por vías interurbanas, autovías ou autoestradas, nin por poboados ou túneles urbanos. Unha das principais novidades que introduce a norma estatal é a definición dos patinetes eléctricos como vehículos a todos os efectos con limitación clara de velocidade.

Ao igual ca outros vehículos, deberán contar con documentación para circular aínda que neste punto a norma establece unha moratoria de dous anos para que os fabricantes poidan adaptarse.

A maiores cada concello pode establecer normas de uso, por exemplo, na Coruña que ten previsto aprobar a mediados de ano a súa ordenanza de mobilidade, poden circular polos carrís bici e a idade mínima para conducilos pola calzada é de 15 anos.
 

Noticias web

08/01/2021