CRTVG

Buscar

As primeiras pescudas avalan a versión da parella da asasinada en Xàtiva

Publicado o 12/06/2019 16:12

A policía mantén abertas varias liñas de investigación sobre o asasinato da muller degolada en Xàtiva, aínda que o roubo parece descartado.

As primeiras pescudas parecen avalar a versión da parella da vítima, quen confirmou que a muller exercía a prostitución.

O cadáver da muller, de 36 anos e embarazada de seis meses, atopouno a súa parella ao chegar á casa despois do traballo. Estaba espida sobre a cama e á espera de que a autopsia o confirme, morreu degolada.

As primeiras pescudas policiais avalan a versión do home, que estivo presente durante a recollida de evidencias no escenario do crime. Segundo o declarado aos axentes, a vítima exercía a prostitución, polo que todas as hipóteses sobre o caso permanecen abertas, agás a do roubo.

O crime causou consternación nesta localidade valenciana de 30.000 habitantes.

"Home, aquí, en Xàtiva, pois quedas sorprendida, non? Porque unha moza de 36 anos que a maten embarazada, pois quedas... Un pouco de balbordo si que hai". "E que creo que é a 1.001, xa. É triste, é desolador".

O concello de Xàtiva decretou este mércores xornada de loito oficial e suspendeu todos os actos institucionais. Ao mediodía, ducias de persoas concentráronse fronte á casa do Concello para mostrar a súa repulsa polo crime.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

12/06/2019