CRTVG

Buscar

As primeiras pescudas apuntan a que a morte de dous anciáns en Lora del Río, en Sevilla, non foi violenta

Publicado o 13/02/2020 13:45

A Garda Civil investiga a morte de dous anciáns, de 84 e 91 anos en Lora del Río, en Sevilla. Á espera do que determine a autopsia, nada indica, de momento, que as mortes fosen violentas.

Os corpos da parella de anciáns foron localizados no interior do piso en que vivían había ano e medio. Foi un médico quen alertou de que non acudiran á cita que tiñan con el e despois os veciños confirmaron que había días que non os vían.

Os axentes atoparon o home, de 91 anos, tendido na cama e a muller, de 84, no chan do baño cun golpe na cara.

De momento desbótase que as mortes fosen violentas e todo indica que a muller puido morrer de xeito accidental e que, posteriormente, el se suicidou, aínda que se está á espera dos resultados da autopsia.

Ela sufrira hai tempo un ictus e camiñaba cun andador. Estivera ingresada nunha residencia da localidade, pero el tróuxoa de volta para a casa.

A Garda Civil realizará novas probas na vivenda da parella morta.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

13/02/2020