CRTVG

Buscar

As primeiras centolas chegan ás prazas con prezos de entre 18 e 25 euros

Publicado o 13/11/2018 14:44

Nas últimas horas abriu a veda da centola e xa a teñen nos mercados, acabadas de capturar. Hoxe achegámonos á praza de Lugo, na Coruña. Alí comprobamos que hai moita e moi boa. Os prezos oscilan entre os 18 e os 25 euros o quilo.

Desapareceron dos mercados en xuño e hoxe atopamos nos postos as primeiras centolas da temporada. O seu prezo depende do tamaño. E malia seren as primeiras, atopamos xa consumidores con ganas de probalas. Porén, canda a centola, levantouse tamén a veda do boi de mar, malia que neste mercado da Praza de Lugo, na Coruña, non atopamos moitos exemplares.

Así as cousas, non toda a frota galega iniciou onte a campaña. Abriuse a temporada para as provincias da Coruña e Pontevedra. Na provincia de Lugo, os barcos comezarán a pescar a centola a partir do 3 de decembro.

Noticias web

13/11/2018