As primarias do PSdeG serán o 30 de outubro: "Temos que pasar páxina"
O PSdeG celebrará as primarias para elixir secretario xeral o 30 de outubro. O Comité Nacional dos socialistas galegos que se reuniu hoxe tamén fixou a data do Congreso, que será o 7 o 8 de decembro. Para as primarias, de momento, só Gonzalo Caballero anunciou que opta á reelección, pero todo apunta a que tamén se presentará o presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso. Gonzalo Caballero, asegurou que optará malia a "mochila cargada con pedras" e engadiu, emocionado, que segue porque non ve proxecto mellor alternativo, dixo, ao que darlle a remuda. O actual secretario xeral, rematou dicindo que é tempo de "pasar páxina das deslealdades e das cambadelas".
"Temos que pasar páxina dos tempos das deslealdades e das cambadelas para entrar na unidade de acción, na lealdade co conxunto da organización. Quero ofrecer a todo o partido a integración, para construír un novo tempo en que todos somos necesarios, no que, que ninguén se engane, ninguén é imprescindible pero non que non hai nin merlos brancos, nin solucións máxicas, nin de día a día", asegura Gonzalo Caballero, secretario xeral do PSdeG.