CRTVG

Buscar

As primarias arxentinas anticipan un resultado moi apertado

Publicado o 05/08/2019 12:56

A Arxentina prepárase xa para as eleccións primarias do vindeiro domingo, das que se espera un resultado moi axustado entre os dous principais bloques: o oficialismo que lidera o presidente Mauricio Macri e o kirchnerismo, que levará como candidato á presidencia a Alberto Fernández, secundado por Cristina Fernández de Kirchner, quen loitará pola vicepresidencia.

Mauricio Macri ou Alberto Fernández, esa parece a gran dúbida para un proceso electoral que enfrontará dúas formas moi diferentes de ver a realidade.

"Hoxe son dous modelos de país diferentes pero non é unha greta, son xeitos de pensar o mundo diferente, penso que haberá que atopar o mellor camiño", di Xaime Arias, veciño de Bos Aires.

A pesar da incerteza que rodea estes comicios, os cidadáns arxentinos só esperan que gañe quen gañe faga o mellor polo país.

"É moi complicado, moi parella para todos, mais a xente quere ter continuidade na democracia e que non haxa máis corrupción e que a xente estea mellor", recoñece Carlos Vitale, residente na capital arxentina.

Estas eleccións primarias comezarán a despexar as incógnitas que rodean un proceso electoral que non se definirá ata outubro, onde terá lugar a primeira volta das eleccións presidenciais.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

05/08/2019