CRTVG

Buscar

As prestacións familiares non contributivas benefician preto dun millón de nenos

Publicado o 16/07/2019 13:58

A Seguridade Social comezou a pagar hoxe as prestacións familiares non contributivas a máis dun millón de menores, 36.500 en Galicia. A contía, conxelada desde hai case 20 anos, incrementa nun 17 por cento.

A prestación familiar non contributiva da Seguridade Social trata de protexer e loitar contra a precariedade na xornada de traballo, atendendo as necesidades das familias con menos recursos.

Fixada en 291 euros desde o ano 2000, sobe un 17 por cento, ata os 341 euros por fillo ou menor ao seu cargo que recibirán as familias hoxe.

O incremento foi aprobado por real decreto o pasado mes de marzo e establece o limiar da renda en 12.300 euros.

O real decreto do Goberno tamén inclúe un novo suposto, o da pobreza severa. As familias nesta situación recibirán 588 euros anuais, por cada fillo, se os ingresos están por baixo dos 4.700 euros.

En total, vanse beneficiar destas prestacións máis dun millóns de menores en toda España. 36.500 deses nenos están en Galicia.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

16/07/2019