CRTVG

Buscar

As precipitacións das últimas horas fan rebordar o río Parga en Guitiriz

Publicado o 15/12/2019 16:41
As precipitacións das últimas horas fan rebordar o río Parga en Guitiriz

As intensas chuvias dos últimos días están facendo que sexan varios os ríos que reborden do seu leito. O 112 Galicia recomenda extremar as precaucións e non achegarse ás beiras que podan provocar inundacións.

O aumento dos niveis en ríos como o Parga, ao seu paso por Guitiriz deixa imaxes como a da fotografía.