CRTVG

Buscar

As prazas de abastos sobreviven das vendas por Internet

Publicado o 22/04/2020 15:29

Este é o aspecto que presentaba esta mañá o mercado da praza de Lugo da Coruña, onde había máis postos abertos que clientes.

A mesma imaxe repítese na maioría dos mercados. Outra mostra de hoxe é a praza de abastos de Noia. Coa caída da clientela, moitos postos manteñen as vendas grazas ao grande incremento dos pedidos a domicilio.

Algúns clientes din que atopan máis peixe que nunca e a mellores prezos.

O Concello da Coruña repartirá esta semana máis material de protección para garantir a seguridade nos mercados municipais.

Noticias web

22/04/2020