CRTVG

Buscar

As praias, un lugar para gozar sen relaxar as medidas de seguridade

Publicado o 10/07/2020 21:32

En tempos de pandemia, podemos gozar das fermosas praias que temos na nosa comunidade coma esta de Cabío, na Pobra do Caramiñal, pero con sentidiño. Así debemos ter en conta unha serie de recomendacións para evitar contaxios e rebrotes da covid-19. Ter en conta a ocupación máxima permitida na praia á que queremos ir, gardar unha distancia de tres metros cadrados con outras unidades familiares, empregar a máscara no caso de que non poidamos gardar a distancia mínima entre persoas de dous metros. E, por suposto, quedar na casa se temos algún síntoma compatible co coronavirus.

Noticias web

10/07/2020