CRTVG

Buscar

As praias do litoral seguen cheas de veraneantes, nun día de intensa calor en Galicia

Publicado o 22/07/2019 17:06

Pasaban poucos minutos das 10 da mañá e o goteo de xente cara á praia xa era constante. Ceo despexado que adiantaba o que estaba por vir, unha xornada típica de verán onde a calor volvería ser a protagonista.

"Ahora viñemos un anaquiño á praia e logo subiremos a comer ao mediodía. Á tarde descansar un pouco e volver a baixar, que é onde mellor se está".

En zonas especialmente turísticas coma esta, a afluencia de xente nos areais arrástrase dende esta fin de semana, onde tamén se notou a presenza deste anticiclón.

"Onte foi horrible, eu tívenme que poñer coa cadeira no mar".

Con xornadas coma a de hoxe tamén hai que ter especial coidado e extremar as precaucións, sobre todo nas horas centrais do día.

"Estando máis á sombra, bebendo moita auga, dándose moitos baños...".

E para quen non teña a sorte de poder achegarse á praia, para todo hai solución.

"Á sombra e cana de cervexa".

No resto da semana, se se cumpren as previsións, o espazo volverá aos areais.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

22/07/2019