CRTVG

Buscar

Barcelona vive unha noite de San Xoán con praias cheas de xente sen máscara nin distancia

Publicado o 24/06/2021 15:51

Cos indicadores empeorando por quinto día consecutivo, Cataluña sitúase en risco alto de crecemento da pandemia. Aínda así, unha multitude de persoas celebraron o San Xoán nas praias de Barcelona sen respectar as medidas contra o coronavirus.

Operación limpeza esta mañá en Barcelona, das poucas cidades que non pecharon as praias á celebracion da verbena de San Xoán. 

Tiña que ser unha celebración controlada, pero a noite deixou imaxes de aglomeracións nos areais e ás portas das discotecas. Persoas sen máscara e sen gardar distancias. 25.000 persoas participaron nesta verbena segundo a Garda Urbana.

A imaxe foi ben distinta noutras cidades como Alacante ou Valencia onde o acceso aos areais estivo prohibido entre as nove da noite e as seis desta mañá.  

 

Noticias web

24/06/2021