CRTVG

Buscar

As praias das Rías Baixas volven ofrecer un día de sol e calor en pleno marzo

Publicado o 30/03/2019 16:20

Moitos foron os que se achegaron ata algunha das praias das Rías Baixas, para gozar dun día de sol e calor antes de que remate o mes de marzo. Con estas temperaturas tan pouco usuais, foron moitos os que se decidiron a sacar o parasol e as toallas para botarse na area, mentres outros se conformaron con dar unha volta en paseos coma os de Silgar, en Sanxenxo, ou o de Samil, en Vigo.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

30/03/2019