As praias da ría de Ribadeo volven ser aptas para o baño
Publicado o 30/08/2019 13:17
O concelleiro de Medio Ambiente de Ribadeo, Jorge Díaz, asegurou este venres que as augas da ría, afectadas pola vertedura de milleiros de litros de xurro, "xa son aptas para o baño", incluíndo os areais dos Bloques e do Cargadoiro.
Segundo o concelleiro, nas últimas horas coñeceron o resultado das análises realizadas pola Consellería de Sanidade nesas dúas praias, e por este motivo levantouse a recomendación de non bañarse desde o momento en que se soubo o resultado.
A vertedura de xurro produciuse o domingo pasado nunha explotación gandeira do concello asturiano da Veiga, que botou ao río Eo uns 500.000 litros desta substancia.