CRTVG

Buscar

As praias con bandeira azul xa poden lucir dende hoxe ese distintivo de calidade

Publicado o 18/06/2021 15:36

Primeiro izado de bandeira azul do verán en Rodas, unha das que poderemos ver este 2021 en 111 praias galegas, catro máis que o ano pasado. Máis da metade están en lugares protexidos, como as illas Cíes.

O presidente da Xunta agradece o esforzo dos concellos pola súa aposta pola calidade para conseguir a bandeira azul. Galicia será este verán a terceira comunidade con máis bandeiras azuis. Ademais das praias, reciben distintivo de calidade portos deportivos e sendeiros, ata sumar 155.

Noticias web

18/06/2021