CRTVG

Buscar

As praias caninas espertan o interese dos turistas que viaxan coas súas mascotas

Publicado o 16/08/2021 20:52

Dama, Luna e Danko comparten xogos no areal da praia grande de Ares, unha das poucas praias caninas que hai na provincia da Coruña. Viaxaron cos seus donos desde Ponferrada e Barcelona para pasar uns días de vacacións en Ferrolterra.

Neste caso as normas de uso obrigan a levar os animais atados, condición que non sempre se cumpre. A zona está autorizada para animais todo o ano.

A praia canina máis próxima a Ares é a praia da Madalena, en Cabanas. Estreouse este verán. Só admite animais con microchip e vacinados, e Non máis de dous por persoa.

As praias caninas suman atractivo turístico para quen decide gozar do seu tempo de lecer acompañado das súas mascotas.

Noticias web

16/08/2021