CRTVG

Buscar

As posturas non se moven a dúas semanas da investidura

Publicado o 10/07/2019 16:18

A dúas semanas da investidura de Sánchez, todo está no aire. 66 deputados socialistas que se abstiveron con Rajoy acaban de asinar unha carta pedíndolle o mesmo ao PP. E tanto PSOE como Podemos din que están dispostos a seguir negociando, esta mesma tarde, pero non se moven das súas posicións. 

Logo da tormenta, ven a calma. Así describen en Podemos a súa intención de seguir negociando co PSOE a pesar da última reunión entre Sánchez e Iglesias que derivou nun intercambio de acusacións. Despois de que o PSOE filtrara que Iglesias pediu a vicepresidencia, Podemos négao. "Non se pode dicir cuestións que non son certas, como a oferta da vicepresidencia de Pablo Iglesias e por riba pedir a a abstención de PP e Ciudadanos", afirmou Gloria Elizo, de Podemos.

O PSOE acusa ao líder de Podemos de querer falar só de cargos e non de contidos. "Se non é un problema de nomes, onde está o problema? Eu o que quero é falar do para que, das políticas, que é o que non quere facer Podemos", asegurou este mércores Adriana Lastra, voceira do PSOE no Congreso. 

Di que se a investidura non prospera agora non haberá segundo oportunidade e non desbota opción ningunha. Lastra é unha dos 66 deputados do PSOE que acaban de asinar unha carta pedíndolle ao PP que se absteña sen condicións para que goberne Sánchez, igual que fixo a maioría do Grupo Socialista con Rajoy en 2016.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

10/07/2019