CRTVG

Buscar

Telexornal Mediodía

As Portas do Xurés recibiron xa máis de dous mil visitantes

Publicado o 16/08/2018 14:58
Achegar ao visitante a riqueza, non só paisaxística, senón tamén cultural e patrimonial do Xurés. Con ese obxectivo naceu o proxecto portas do Xurés, 6 centros de recepción, cada un nun concello e especializado nunha tématica, dende o Couto Mixto aos vestixios romanos ou os deportes de natureza. No que levamos de verán xa pasaron por estas instalacións máis de dous mil visitantes.




Estas terras da baixa limia acollen o parque natural máis grande de Galicia e a reserva da biosfera transfroiteiriza máis importante de Europa. Pero o xurés agocha moito máis que impresionantes paisaxes. Adentrámonos nel a través dunha das súas portas, a de Bande.

Ao carón da encoro da cunchas emerxen os restos romanos ligados a contrucción da Vía Nova. Cada unha das 6 portas céntrase nunha tématica.

Graza a elas poden coñecer todas as actividades que nos ofrece esta zona, dende rutas de sendeirimos, a deportes de aventura, festas, visitas teatralizadas....

As portas do xurés permancerán abertas ata mediados de setembro. No que levamos de véran xa recibiron máis de duas mil visitas.
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí