CRTVG

Buscar

As Pontes vibra co espectáculo da velocidade

Publicado o 12/03/2019 17:57

E agora estamos no circuíto de velocidade das Pontes de García Rodríguez. Este é o circuíto pontino que abriu hai pouco máis dun ano e que se está a converter nun dos lugares de promoción para os pilotos galegos.

Durante a fin de semana disputáronse varias probas do galego de velocidade na primeira cita da Challenge Moto Race.

Participaron cen pilotos de Galicia, Asturias, Cantabria, Castela e León e Portugal. Entre os participantes estaba Borja Sánchez, o piloto coruñés que disputa o mundial de Superbikes e que terá a súa escola de pilotos neste circuíto das Pontes nas próximas semanas. Tamén participou Juancho Romero, de Ares, o campion de España de SM3, que venceu na proba raíña, en supermoto. Moito público e a chuvia non desluciu a festa.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

12/03/2019