CRTVG

Buscar

As Pontes paralízase en defensa da actividade da central térmica

Publicado o 19/09/2019 10:26

A localidade das Pontes acolle este xoves unha manifestación, durante a que pecharán comercio e hostalería, como final a un paro de 24 horas da industria auxiliar de Endesa en demanda de medidas para evitar o peche da central térmica.

Alberte Amado, sindicalista da CIG, explicaba esta mañá que "queremos seguir visualizando e reclamando solucións para esta central. Entendemos que se ten que reactivar a actividade temporalmente para acometer un proceso de transición para a descarbonización, pero a central non pode estar parada, sen que a empresa garanta o emprego e a actividade".

Valentín Pérez, traballador dunha das empresas auxliares asegura que "imos perdendo xente pouco a pouco, e cando queiramos darnos conta isto está pechado. Ten os días contados, non o queren dicir claramente, pero hai medo de peche".

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí