CRTVG

Buscar

As Pontes esixe garantías de emprego máis alá do 30 de xuño, data clave para a térmica

Publicado o 11/06/2021 15:18

As Pontes esixe unha alternativa ao peche da central térmica de Endesa. Os traballadores piden que a descarbonización se faga con garantías para o emprego.

O día 30 deste mes remata o permiso da central para operar como térmica. Endesa xa comunicou que o persoal de mantemento se reducirá de 80 a 35 persoas, e os 170 traballadores das firmas auxiliares tamén temen o futuro.

Dende a Xunta cren que a solución pasa por unha reconversión cara os biocombustibles, e piden que o Goberno e a empresa aposten por esta transición.

Noticias web

11/06/2021