As Pontes agarda polos resultados das probas con biocumbustibles da central de Endesa
Publicado o 26/11/2019 15:12
Endesa nas Pontes agarda coñecer hoxe os resultados das probas con biocombustibles realizados na térmica nas últimas semanas.
Os traballadores insisten en que é viable que a factoría continúe funcionando con enerxías alternativas ao carbón, aínda que supoña unha menor rendibilidade para a empresa. As probas están supervisadas polo Ministerio de Transición Ecolóxica.
O conselleiro de Economía pídelle responsabilidade ao Goberno central neste asunto. Solicita medidas que permitan a reactivación da planta e que se poida establecer a súa actividade nas mesmas condicións que noutros países europeos. Francisco Conde agarda que os resultados non sexan unha escusa para o peche.