CRTVG

Buscar

As pombas acosan as terrazas dos bares de Ourense

Publicado o 03/12/2019 14:42

Praza Maior de Ourense. Unha mesa acaba de quedar baleira e unha ducia de pombas lánzase a ela tirando parte da vaixela. Aínda que se asusten, aos poucos minutos regresan.

Segundo os hostaleiros, é unha escena demasiado habitual que se repite en distintos puntos da cidade.

Sempre vixiantes, aproveitan calquera descoido para conseguir un anaco de comida.

Dende o Concello consideran que a orixe está en edificios abandonados da zona vella onde as pombas atopan refuxio. Estudan posibles solucións para rematar co problema.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

03/12/2019