CRTVG

Buscar

Telexornal Serán

As políticas proteccionistas dos Estados Unidos centran a axenda do cumio do G-20 en Bos Aires

Publicado o 19/03/2018 21:25



As políticas proteccionistas dos Estados Unidos centran a axenda do cumio de ministros de Finanzas e presidentes de bancos centrais do G-20, que se inaugurou hoxe en Bos Aires.


O primeiro G-20 presidido por un país suramericano reúne estes días en Bos Aires 39 líderes da economía mundial, entre ministros de Finanzas, presidentes de bancos centrais, e os titulares do Fondo Monetario Internacional e o Banco Mundial.

Nun encontro a porta pechada e cun forte dispositivo de seguridade, como é habitual, todos os focos están postos na guerra comercial entre os Estados Unidos, a Unión Europea e A China, e a inquietude que esperta o proteccionismo de Dolnald Trump.


España, convidado permanente neste foro internacional que aglutina os países máis ricos do planeta e os emerxentes, conta coa participación do ministro de Economía, Román Escolano, quen xa se posicionou - igual que outros pares europeos- na defensa dos beneficios do libre comercio.

Agárdase que desta cita, antesala do cumio de líderes do G-20 que se celebrará en novembro, se logren avances en materias como a regulación das criptomoedas, os gravames internacionais a empresas de comercio electrónico dixitais ou o desafío do emprego fronte aos avances tecnolóxicos.
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Telexornal Serán

19/03/2018