CRTVG

Buscar

As piscinas públicas de Santiago parcelan as zonas comúns para garantir a distancia

Publicado o 23/06/2020 15:28

As piscinas públicas das Fontes do Sar, en Santiago, reabriron este luns con seu horario habitual, pero con ocupación limitada e con rigorosas medidas de seguridade sanitaria. Entre elas destaca a parcelación das zonas comúns, tanto no céspede como na praia, con espazos sinalados de tres metros cadrados cada un. 

Os responsables das instalacións gávanse de seren os primeiros en obter un certificado de calidade en relación coa protección fronte á covid-19, e explican que todas as medidas van encamiñadas a garantir a seguridade de usuaios e traballadores.

Os primeiros visitantes das piscinas aplauden a medida, a pesar de que custa un pouco adaptarse, sobre todo aos máis pequenos.

Noticias web

23/06/2020