CRTVG

Buscar

As piscinas e os mobles de xardín, case esgotados en Galicia

Publicado o 27/05/2020 16:02

Di o refrán que só nos acordamos de santa Bárbara cando trona. E cando aperta a calor...

Quizais porque este ano son moitos os que non pensan viaxar no verán ou porque levamos moito tempo entre catro paredes ou pola incerteza á hora de ir ás praias e piscinas comunitarias. O certo é que moitos establecementos están a ser testemuñas da impaciencia do consumidor na procura das últimas piscinas, grellas, pérgolas e hamacas, que desaparecen en cuestión de horas.

Só en piscinas desmontables, as vendas nestas últimas semanas foron catro veces superiores ás do ano pasado a estas alturas da primavera.

Noticias web

27/05/2020