As persoas xordas demandan a homologación de máscaras transparantes
Publicado o 07/09/2020 20:45
Impúxose como medida de prevención fronte a covid19 e houbo que habiturase a usalas, mais o uso obrigatorio da máscara supoxo unha barreira engadida para as persoas xordas.
As máscaras que deixan entrever os beizos é para eles unha solución intermedia. Precisan ollar a expresión facial para percibir, por exemplo, a entoación do seu interlocutor. Coa volta ás aulas esta é unha preocupación máis para pais e nais.
Isolina preside a asociación de nais e pais de nenos e nenas xordas de Galicia, entidade que vén de mercar en colaboración cunha asociación catalana, 100 máscaras totalmente transparentes. Reclaman a súa homologación.
Agardan que o Ministerio de Sanidade finalmente escoite as súas demandas.