CRTVG

Buscar

As persoas vacinadas ou que xa pasasen a covid xa poden voar ás Canarias sen PCR

Publicado o 01/06/2021 15:23

Máis facilidades para viaxar ás Canarias: quedan exentas de presentar proba de antíxenos ou PCR negativa as persoas xa vacinadas coa pauta completa ou as que teñan unha dose administrada polo menos con 15 días de antelación á viaxe. Tampouco terán que presentar PCR os que acrediten que pasaron a covid nos últimos seis meses.

Os viaxeiros que embarcaban para Canarias no aeroporto de Santiago coincidiron en que estas facilidades son medidas que animan a viaxar. Ademais das Canarias, as Baleares tamén deixou de pedir proba negativa nos voos nacionais ás persoas vacinadas ou que xa pasaran a covid.

 

Noticias web

01/06/2021