CRTVG

Buscar

As persoas sen fogar sofren a crise máis fortemente

Publicado o 17/03/2020 08:58

Na cociña económica da Coruña tratan de seguir axudando todo o que poden, pero mantendo unhas medidas de hixiene e seguridade necesarias. As comidas que reparten ás persoas máis vulnerables son para levar desde o pasado sábado e así limítase o acceso ao comedor.

A propia organización recorda os problemas que tiveron o pasado domingo, cando as persoas facían cola fóra baixo a chuvia.

"Por sorte, todo o mundo se está amosando comprensible coa situación", apuntan na propia cociña económica.

Por desgraza, tiveron que suprimir algúns servizos e facer quendas entre o persoal para que poida gardarse corentena o máximo tempo posible.

Tamén queren lembrarlle aos gobernantes que hai moita xente que está na rúa e que "é imposible manter a corentena con estes medios. Hai moitas persoas que están afeitas a lidar con estes avatares que presenta a vida. Isto só lles é un problema máis. Nós intentamos que sufran o menos posible".

Noticias web

17/03/2020