CRTVG

Buscar

"As persoas que sofren dano cerebral van necesitar rehabilitación no aspecto físico, pero tamén no condutual, cognitivio, e emocional"

Publicado o 25/10/2019 11:09

Ana Isabel Pedrosa visitou este venres o estudio do Bos días. Ela tan dano cerebral adquirido a causa dun ictus. Sucedeu de repente: "Dixen: ai!, como me doe a cabeza, e xa quedei así de pé. Chamaron ao meu home e xa non falaba. Leváronme ao centro médico e de aí a unha ambulancia. Dixeron que tiña un ictus. De aí á UCI, e xa me operaron".

Ana Ruiz é terapeuta e traballa con persoas con dano cerebral e explica que despois dun episodio así "temos persoal moi preparado para salvarlle a vida ao paciente, pero logo non hai unha continuidade asistencial. Esas persoas van necesitar rehabilitación no aspecto físico pero tamén, condutual, cognitivio, e tamén emocional. Nas asociacións intentamos orientar ás familias nese primeiro momento e ao longo de todo o proceso".

Ese proceso do que fala é complexo e precisa de moitas persoas: "Para tratar o dano cerebral debese contar cun equipo especializado de profesionais, de moitos ámbitos, para afrontar esa recuperación. E aí é onde están as nosas reivindicacións", di Ana Ruíz.

O caso de Ana Isabel é un exemplo diso. Ela explica que en moitos casos a súa familia se tivo que buscar a vida para atopar quen lle axudase: "Para os logopedas, por exemplo, hai unha lista de espera enorme". Pero o seu traballo tivo os seus froitos: "Agora fago tamén natación e motio máis traballo de recuperación". E non foi doado: "Ao principio tiñan que axudarme a todo, agora xa vou facendo as miñas cousas. Eu non andaba, non falaba, e non movía o brazo. A miña familia foi un apoio, pero foilles difícil".

"As veces nos olvidamos de esa parte, parece que la rehabilitación se acaba, pero o proceso continúa reorganizando a vida, por exemplo, naquelas persoas que poden e queren traballar", di Ana Ruiz.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí