CRTVG

Buscar

As persoas con discapacidade visual sofren máis limitacións porque non poder tocar

Publicado o 08/05/2020 14:35

O tacto é un sentido esencial para as persoas con discapacidade visual. Agora, coa crise do coronavirus, están a sufrir as complicacións que lles causa o feito de non poder tocar.

"O tacto é fundamental para nós, para tocar as cousas e para localizar sitios. Ás veces o bastón non chega e temos que utilizar o tacto", asegura José Ramón Abuín.

Os problemas para eles xorden nada máis poñer o pé na rúa porque descoñecen se manteñen a separación recomendada.

"As principais dificultades son ao andar pola rúa, manter a distancia con outras persoas".

O mesmo ocorre nas ringleiras dos comercios.

"Ás veces non sabemos se hai ringleiras e pasamos sen sabelo e iso non é agradable para nós. Pero as persoas colaboran e comprenden".

E isto é fundamental, comprender esas dificultades e axudar, coa voz, cando o precisen.

Noticias web

08/05/2020