CRTVG

Buscar

As persoas con discapacidade piden axuda para non estar soas

Publicado o 03/12/2019 14:42

As persoas con discapacidade fixeron hoxe un chamamento para non ter que vivir illados dentro da sociedade. O 20% destas persoas viven soas, e dese 20%, o 38% en soidade non desexada. No seu día internacional, as persoas con discapacidade piden axuda para resolver esta situación.

As asociacións de persoas co discapacidade reinvindican unha maior implicación da sociedade e das insitucións para acabar coa súa marxinación, estigmatización e soidade. Nun acto do seu día internacionallembraron que os problemas de accesibilidade e o desemprego favorecen un illamento non desexado. "Sen barreiras, a ameaza da soidade non querida reduciríase moito. A máis inclusión laboral e traballo digno, os vínculos e as relacións aumentan", di Pepo, da Asociación de Autismo de Galicia.

A conselleira de Política Social destacou que a colaboración entre as asociacións e a Administración autonómica permitiu incrementar un 77% os fondos destinados á discapacidade en Galicia nos últimos dez anos. A conselleira anunciou un aumento orzamentario para o próximo ano. "115 millóns de euros que supoñen un 8,9% máis que o ano anterior. Tamén contan coa consolidación de algo moi importante, que é unha axuda extraordinaria de 3,6 millóns de euros destinados ás entidades sociais de Galicia",  dixo Fabiola García, conselleira de Política Social.

A conselleira de Educación, que tamén participou no acto, sinalou que a atención á diversidade do alumnado é unha prioridades para acabar coa soidade das persoas con discapacidade.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

03/12/2019