CRTVG

Buscar

As pernoitas nos hoteis galegos medraron un 73 % en xullo

Publicado o 24/08/2021 20:17

Galicia bota de menos este verán o turista estranxeiro, pero a masiva chegada de visitantes españois está a compensar esa eiva e iso nótase nos hoteis. As pernoitas en xullo medraron un 73 por cento respecto ao ano pasado e superaron o millón.

En destinos como Lugo superáronse tódas as expectativas. Nove de cada dez visitantes son españois que elixen Galicia por consideralo un destino seguro e con moitos atractivos.

O incremento nas pernoitas nótase tanto nos destinos de interior coma nas zonas costeiras. Máis visitantes e máis ingresos. Os datos do Instituto Nacional de Estatística recollen que a tarifa media nun hotel galego medrou o pasado mes máis dun 9 por cento, superando os 69 euros por cuarto.

Noticias web

24/08/2021