CRTVG

Buscar

As pernoitas hoteleiras baixaron en marzo un 58 por cento respecto a 2020

Publicado o 23/04/2021 15:56
As pernoitas hoteleiras baixaron en marzo un 58 por cento respecto a 2020

As pernoitas hoteleiras suman 13 meses de descensos, aínda que en marzo frearon lixeiramente a caída. Baixaron case un 58 por cento respecto ao mesmo mes do ano anterior, cando comezaron as restricións.

Segundo datos do Instituto Nacional de Estatística, en España rexistráronse 3,5 millóns de pernoitas. Os hoteis galegos sumaron o mes pasado 174.000 estancias. Aumentaron significativamente os viaxeiros residentes en España mentres se reduciron os procedentes do estranxeiro, dadas as limitacións para viaxar.

 

Noticias web

23/04/2021