As pernoitas extrahoteleiras triplícanse en xuño respecto ao ano pasado, cos albergues como protagonistas
Publicado o 30/07/2021 21:02

Cada vez máis viaxeiros escollen durmir fóra do sector clásico hoteleiro, apostando por apartamentos turísticos, cámpings, albergues ou casas de turismo rural. As pernoctacións nestes aloxamentos extrahoteleiros triplicáronse no mes de xuño en Galicia, na comparativa co mesmo período do ano pasado. Son datos publicados polo Instituto Nacional de Estatística que tamén indican que Galicia é a comunidade onde máis viaxeiros escollen os albergues. Tanto é así que supoñen un terzo do total de pernoctacións deste sector en España durante o mes de xuño.