As pernoitas extrahoteleiras descenden un 63 % en Galicia no mes de febreiro

Galicia rexistrou un total de 9.562 pernoitas extrahoteleiras, apartamentos turísticos, casas rurais e campings en febreiro, o que supón un afundimento do 63 % respecto ao mesmo mes de 2020, segundo datos que publica este mércores o Instituto Nacional de Estatística.
Este retroceso é inferior á caída media do 78,2% en España, con máis de 1,3 millóns de pernoitas no país no segundo mes.
Os apartamentos turísticos galegos rexistraron 8.640 pernoitas, menos da metade que un ano antes. Mentres, os aloxamentos en casas rurais quedaron en tan só 760, o que contrasta coas máis de 8.000 dun ano antes. En cámpings houbo 192, a metade que a comparativa interanual.
En canto aos viaxeiros, houbo 1.458 en Galicia en febreiro, unha décima parte dos 11.450 que estiveron en establecementos extrahoteleiros galegos un ano antes. Respecto ao persoal empregado, hai 537 traballadores, o que supón un 37,2 % menos ca un ano antes