CRTVG

Buscar

As perdas económicas por mor da pandemia non cesaron nas empresas de autobuses desde marzo

Publicado o 13/10/2020 15:57

Un dos sectores que está a padecer o impacto económico do coronavirus é o das empresas de autobuses. As perdas de viaxeiros e de diñeiro non cesaron dende marzo.

Todas as empresas de autobuses que operan en España rexistraron, dende que comezou a pandemia, a perda de entre o 50 e o 75% dos viaxeiros.

Ademais, unha de cada catro tivo que prescindir de entre o 75% e o 100% dos traballadores, sendo total a marcha dos traballadores nalgúns casos.

Son datos do Barómetro da Confederación Española de Transporte en Autobús, que sinala tamén que houbo que tomar outras medidas como reducir a xornada laboral ou solicitar moratorias nos préstamos bancarios.

Ademais, o 83% das empresas consideran negativas as medidas adoptadas polo Goberno central para afrontar os efectos da covid no sector do autobús.

Noticias web

13/10/2020