CRTVG

Buscar

As perdas de Air Europa en 2020 consomen case toda a axuda do rescate do Estado

Publicado o 08/09/2021 08:21
As perdas de Air Europa en 2020 consomen case toda a axuda do rescate do Estado

As contas de Air Europa reflicten que a segunda compañía aérea de España está en situación crítica. O ano pasado tivo unhas perdas de case 428 millóns de euros, fronte aos 27,7 millóns de beneficios de 2019.

Isto significa que a empresa consumiu nun ano case todo o importe do rescate que lle fixo o Estado en forma de préstamos por importe de 475 millóns de euros para devolver en seis anos.

Con ese balance, a supervivencia de Air Europa depende dunha nova axuda para conseguir liquidez.

Noticias web

08/09/2021