CRTVG

Buscar

As peñas do Celta falan de "chantaxe" na campaña de abonados

Publicado o 18/11/2020 16:53

Critican as peñas do Celta a falta de empatía do club coa dura realidade social e económica. Quen queira manter o asento en Balaídos e a antigüidade do carné de socio terá que pagar 50 euros.

Sentirse intimidado por un club que se afasta da afección cando hai meses, no comezo da pandemia, sacaba peito do celtismo. Ninguén do Celta explica agora esta campaña de abonados. Lonxe quedan aquelas en que o club falaba da afouteza da afección.

Imaxinemos os mellores números posibles: 20.000 socios por 50 euros sería 1 millón de euros que ingresaría o Celta dentro dun orzamento de case 70 millóns, é dicir, menos dun 1,5 % no mellor escenario posible, o imposible escenario imaxinario onde 20.000 socios digan si.

O fútbol vestido de negocio. A Federación de Peñas fala de chantaxe. O Celta está calado.

Noticias web

18/11/2020