CRTVG

Buscar

As peaxes da AP-9, entre as máis caras do Estado

Publicado o 13/05/2019 16:16

Percorrer a AP-9 de punta a punta entre A Coruña e Vigo custa case 33 euros ida e volta. Doce dos seus tramos superan o prezo medio por quilómetro desta autoestrada fixado nos 0,10 euros. Oito deles están entre Tui e Pontevedra. Para algúns usuarios resulta inasumible.

O tramo Pontevedra-O Morrazo está á cabeza, onde o quilómetro sae a 0,15 euros. Séguenlle o de Vigo-Pontevedra, que rexistra a maior intensidade media diaria con máis de corenta e cinco mil vehículos, e o de Puxeiros-Tui, onde cada un dos seus 18 quilómetros custa 0,14 euros. Na lista tamén están Rande-Vigo e O Porriño-Tui.

O 1 de xaneiro fíxose efectiva a última suba, a maior de toda a rede do estado, cun aumento dun tres e medio por cento no gravame da peaxe.

Noticias web

13/05/2019