CRTVG

Buscar

As pausas no traballo para fumar ou tomar café suscitan dúbidas sobre os cómputos horarios

Publicado o 15/05/2019 16:09
As pausas no traballo para fumar ou tomar café suscitan dúbidas sobre os cómputos horarios

O rexistro horario segue xerando dúbidas entre os empresarios, que se queixan de falta de concreción. Un dos asuntos máis controvertidos é o tema dos descansos dentro da xornada laboral. O Goberno obriga a fichar o horario de entrada e de saída, pero non regula estas pausas.

Di que é conveniente que a empresa negocie cos traballadores como levar o seu control e decidir se se inclúen como traballo efectivo ou non, é dicir, se se paga e cotiza por ese tempo ou se se desconta do horario.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

15/05/2019